Galería

O Goberno local remite a ordenanza da Renda Social Municipal aos grupos da oposición e aos actores da cidade implicados nestas políticas

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presentaron na mañá deste luns, de forma pública e ante a prensa, o proxecto de ordenanza da Renda Social Municipal que pretende impulsar o Executivo local e que forma parte dos seus principais compromisos de goberno. Segundo destacaron, esta axuda, que irá destinada (salvo excepcións) a persoas maiores de 18 anos empadroadas na cidade e en risco de exclusión que non teñan acceso á Renda de Integración Social de Galicia (Risga) ou a outros subsidios que a substitúan, “servirá para dar cobertura ás necesidades básicas e de aloxamento, entre as que se contemplan as relacionadas coa alimentación diaria, o vestiario e os
coidados básicos persoais e da vivenda, gastos de aloxamento, cotas de préstamo hipotecario ou o pago de habitacións”. O rexedor insistiu na necesidade desta liña de axuda municipal xa que “digan o que digan os tertulianos afíns ao PP e os seus altofalantes, vivimos nunha situación de emerxencia social”. “A realidade é teimuda e demostra que non hai recuperación aínda para as xentes do común. Ao contrario, a situación agravouse os últimos catro anos, debido aos gobernos antisociais
tanto do PP na Xunta como no Concello da Coruña”, comentou.

Co obxectivo de sacar adiante este proxecto o máis rápido posible, para que sexa aprobado en Pleno antes de final de ano e poida comezar a aplicarse a principios do vindeiro, o Goberno municipal remitiu no día de hoxe o documento aos grupos da oposición e aos principais axentes sociais da cidade (ONG, sindicatos, tecido asociativo e outros actores relacionados con estas políticas de apoio ás persoas en risco de exclusión). “Durante a semana que vén teremos unha xuntanza cos principais
axentes sociais da cidade para afondar na análise desta ordenanza, onde se investiron innumerables horas e un grande esforzo por parte dos traballadores e as traballadoras municipais”, indicou a
concelleira Cameán.

Por outro lado, e preguntado acerca das previsións acerca do apoio que recibirá o proxecto por parte dos grupos da oposición, o alcalde manifestouse optimista, “tendo en conta os programas electorais e a defensa, que polo menos no último Pleno municipal, fixeron das políticas sociais de cada formación”. “Teñen unha oportunidade estupenda para reafirmar ese compromiso dando o seu apoio a esta Renda Social Municipal, na que se traballou non só cos e coas empregadas sociais do
Concello, senón tamén coa Asesoría Xurídica e con Intervención, para contar cun documento económico que nos dixese cal será o custe desta medida”, sinalou Ferreiro.

A este respecto, a concelleira de Xustiza Social destacou que as estimacións do Goberno local pasan porque “entre 500 e 1.000 familias poderán acollerse a esta prestación”, e engadiu que “o custo desta nova renda está cuantificado, en base ao informe económico que solicitamos, en 3 millóns de euros”. A edil insistiu na necesidade de sacar adiante este ambicioso proxecto tendo en conta que a día de hoxe, e segundo datos estatísticos, preto do 25% dos fogares da cidade da Coruña viven
baixo o limiar da pobreza e “aproximadamente 2.500 fogares do municipio ingresan menos de 400 euros mensuais”.

“A crise económica e os cambios estruturais da economía provocaron a persistencia de grupos poboacionais en risco de pobreza e exclusión social, así como a aparición de novos perfís menos tradicionais, como é o caso das e dos traballadores pobres”, indica o proxecto da Renda Social Municipal. Esta situación xustifica, segundo o Goberno local, a posta en marcha de “medidas e recursos novos orientados á inclusión activa de persoas en situación ou risco de exclusión social”, tal e como reza o proxecto, hoxe remitido aos grupos da oposición e ao tecido social da cidade para o seu diálogo.

Durante a presentación, a concelleira de Xustiza Social e Coidados destacou que a extensión temporal da Renda Social Municipal non ten límites. “Será concedida por seis meses, que logo serán prorrogables indefinidamente, pero sempre estará vinculada ao establecemento de itinerarios de inclusión activa orientados ao logro da mellora persoal e social das persoas beneficiarias e a súa unidade de convivencia”, advertiu. A contía máxima deste subsidio será o 100% do IPREM (532,51 euros en 2015) para unidades de convivencia dun único membro e irá aumentando en 20 puntos
porcentuais por convivinte adicional até un máximo do 200% do IPREM.

O Goberno local ten a firme intención de que esta axuda chegue canto antes e de forma periódica
aos fogares beneficiarios, por iso, o Concello, como norma xeral, fará os abonos directamente aos
provedores dos bens e os servizos.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s