Galería

Preto de 6.000 escolares participarán no programa municipal de Educación para o Consumo ofertado pola OMIC

Un total de 5.742 escolares coruñeses participarán este curso académico 20152016 no programa ‘Educación para o Consumo’, ofertado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), dependente da Concellería de Emprego e Economía Social que dirixe Alberto Lema. A través do programa Municipal Coruña Educa 2015/2016, este ano, o
organismo local realizou unha oferta “que recolle novas actividades e potencia aquelas mais demandadas pola comunidade escolar” En concreto, o programa para este curso, foi solicitado por un total de 33 centros educativos da cidade, e contará con 242 talleres.

Como en cada edición, a OMIC realiza a programación das actividades para ensinar ás persoas consumidoras que forman parte da comunidade escolar hábitos responsables ante as relacións de consumo. O concelleiro Lema destaca que “os obradoiros foron deseñados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, os responsables docentes e o persoal de orientación do centro puideron escoller aqueles que mellor se adaptaran ao desenvolvemento curricular dos e das
participantes, coordinando coa OMIC as datas e horarios máis axeitados”.

O bloque temático “Os menores e o consumo”, con 66 solicitudes, foi o que máis inscricións de obradoiros recibiu, aínda que tamén destacan as 63 solicitudes relacionadas coas novas tecnoloxías. Os talleres impártense en todos os niveis educativos de Infantil a Bacharelato, ademais dos ciclos formativosduran unha hora e desenvólvense nas aulas e instalacións da OMIC.

 

Obradoiros para adultos

Por outro lado, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor da Coruña, tamén impartirá obradoiros para adultos a partir do próximo día 6 de novembro e até o 18 de decembro. Este ano serán seis os obradoiros de formación para adultos en materia de consumo que se impartirán nos meses de novembro e decembro nas instalacións da OMIC. “Estas actividades teñen o obxectivo fundamental de concienciar ás persoas adultas da importancia da responsabilidade no consumo doméstico, así como de achegar aos consumidores a información necesaria para entender a factura da luz”, dixo o concelleiro. Impartiranse tamén obradoiros sobre novas tecnoloxías e medicamentos. As actividades son gratuítas, pero precisan inscrición previa. O programa e datas dos mesmos é a seguinte:

 

.- 6 de novembro: Como aforrar coa nova factura da luz. C oa entrada en vigor do novo sistema de tarifas eléctricas por horas este taller centraráse en explicar o novo sistema, comprobar a curva de prezos e pescudar que franxas horarias son máis económicas. En definitiva analizar os nosos hábitos e as nosas facturas conforme ao novo sistema.

.- 13 de novembro: Consumo responsable no fogar. Como aforrar nas subministracións básicas. Taller centrado nas subministracións básicas do fogar que abordará aspectos prácticos a ter en conta tanto para reducir os gastos, como para coñecer e entender as facturas.

.- 20 de novembro: Redes sociais. Evita os perigos e crea a túa identidade dixital. Taller centrado en ofrecer as persoas consumidoras o o coñecemento necesario para enfrontarse aos desafíos relacionados cos sitios web de comunidades ou de redes sociais, así como facer ver as vantaxes de crear a a identidade dixital, para que os nosos actos na rede poidan reflectirse en calquera tipo de contido, noticias, blogs, foros, sitios web persoais, imaxes, etc.

.- 4 de decembro: Seguridade en Internet. Navegación segura e compras na rede. T aller centrado en previr as persoas consumidoras dos principais perigos de internet e proporcionarlles ferramentas para ser consumidores conscientes das novas tecnoloxías e amosar os diferentes riscos que entraña a web (estafas, acoso, privacidade).

.- 11 de decembro: Uso racional dos medicamentos. T aller centrado na información necesaria para sensibilizar á poboación da importancia do uso con sentido dos medicamentos.

.- 1 8 de decembro: Entendendo a factura da luz. T aller no que, desde un punto de vista práctico, se explicarán os diferente conceptos que conforman a factura da luz. O horario das actividades será de 11:30 a 13:30 horas e esta dirixido a maiores de 18 anos.

Prazas:  Cada taller terá un máximo de 30 persoas. En caso de sobrepasar o aforo, as prazas se asignarán por riguroso orden de inscrición.

Lugar: Auditorio da OMIC (R/ Costa da Palloza, 8).

¿Como inscribirse? Nas oficinas de la OMIC da Coruña, de luns a venres entre as 08.00 h. e as 14.00 h.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s