Galería

O ciclo ‘Libros en directo’ volve ao centro Ágora o día 29 coa escritora Najat El Hachmi

 

NAJAT 29.10.15 imaxe web

‘Libros en directo’, o ciclo de conversas con escritoras e escritores recoñecidos, volve ao centro Ágora. A serie de encontros, organizada pola Concellería de Culturas, busca achegar á cidadanía coruñesa as últimas novidades editoriais da man das súas propias autoras e autores a través dunha conversa co director da proposta, Pedro Ramos. A primeira convidada da tempada de outono é a escritora Najat El Hachmi, que vén de gañar o premio BBVA Sant Joan das letras catalanas coa súa última novela, L a filla estrangera , na que retrata os choques culturais e sociais aos que se enfronta unha muller de Marrocos, tras chegar a Barcelona, a través da relación coa súa nai.

Najat El Hachmi nace en Marrocos no ano 1979 e trasládase coa súa familia á cidade de Vic aos oitro anos. Tras estudar filoloxía árabe na Universidade de Barcelona, publica a súa primeira obra, Jo també sóc catalana . En 2008 gaña o Premio Ramon Llull coa novela L´últim patriarca , coa que tamén leva o Prix Ulyse 2004. A través deste encontro no centro Ágora, El Hachmi trasladará ao auditorio a súa experiencia persoal e traxectoria como escritora, ademais de analizar o proceso de xestación de La filla estrangera e aportar a súa visión do panorama literario estatal.

O ciclo ‘Libros en directo’ é unha cita mensual coa actualidade das letras e nos últimos dous anos contou coa participación de Eduard Punset, James Ellroy, Valérie Tasso, Juan José Millás, Agustín Fernández Paz ou Pilar Eyre. A conversa con Najat El Hachmi será o vindeiro día 29, ás 20.00 horas, no centro Ágora. A entrada é libre até completar a capacidade do auditorio.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s