Galería

O Concurso de Tapas Picadillo dará a coñecer o venres aos seus gañadores entre os nove establecementos finalistas

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, entregará o venres os premios do XII Concurso de Tapas Picadillo nun acto que terá lugar na Fundación Luis Seoane (10.30 horas) e ao que asistirán tamén cociñeiros e persoal propietario dos restaurantes finalistas, o xurado Picadillo, o xurado Maridaxe e o presidente da D.O. Valdeorras –que colaborou nesta edición cun novo premio á mellor maridaxe de tapa e viño– José Vicente Solarat.

Nesta edición foron 74 os establecementos da cidade concursaron con 97 tapas tradicionais e
creativas, das que dez optan a premio. Os locais son os seguintes:

.- Casa Ponte, coa tapa ‘Delicias de risoto’

.- Taberna O Secreto, coa tapa ‘Polbo protestante’

.- Cúrcuma, coa tapa ‘Timbal de grelos con bacallau afumado’

.- Central Park, coa tapa ‘Macaron de foie’

.- La Oveja Negra, coa tapa ‘Lasaña de queixo e chourizo ao queixo Scamorza’

.- Oído Cocina, coas súas tapas ‘Rabo de touro ao Mencía con mazá reineta’ e ‘Macaron de salmón afumado e queixo do Cebreiro’ Abarrote, coa tapa ‘Saquiño de solombo’

.- Surrey, coa tapa ‘León come gamba’

.- Mesón Moncho, coa tapa ‘Tortilla de chicharróns con queixo San Simón’
Durante o acto, farase entrega dos diplomas a todos os establecementos finalistas, e tamén, se os houber, aos establecementos con mención especial, e concederase o Premio Cidade da Coruña (que se concede por votación popular), o Premio Picadillo Tapa Tradicional, o Premio Picadillo Tapa Creativa e o Premio Maridaxe con viños D.O. Valdeorras. As propostas presentadas aos Premios Picadillo 2015 estarán a disposición do público nos locais ata o vindeiro 31 de decembro.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s