Galería

Xulio Ferreiro considera “moi mellorables” os orzamentos da Xunta para A Coruña

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, realizou este mércores unha primeira avaliación “
á espera de estudalos máis a fondo”do proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia, que cualificou de “moi mellorables”. “Temos que darnos tempo para facer unha análise máis fonda, pero nunha primeira ollada observamos moitas carencias. Por exemplo, vemos con grande preocupación a insuficiente dotación para o CHUAC, que pon en perigo as melloras que precisa un hospital público de importancia enorme para a cidade e que segue a padecer moitos problemas”, explicou o alcalde coruñés.

Nesa liña, Ferreiro tamén esixiu “a inclusión dunha partida concreta para o Centro de Saúde de Santa Lucía, que consideramos necesario, do que xa se falou e que non vemos reflectido no orzamento autonómico de 2016”. “Tamén semella pobre a partida para a Ría do Burgo ou para actuacións en vivenda”, engadiu o rexedor, que polo contrario celebra que “a presión da veciñanza e o cambio político fixera rectificar á Xunta respecto á construción dun centro escolar en Novo Mesoiro”. Así mesmo, Ferreiro ofreceuse a que “Xunta e Concello vaian da man” no relativo á Intermodal e demandou máis dotación para o Consorcio da Música.

Nun plano máis xeral, o alcalde da Coruña cualificou de “simples intencións de carácter electoralista” boa parte dos Orzamentos da Xunta de Galicia e chamou a “defender os servizos públicos e priorizar de verdade as políticas sociais, algo que desde o Concello da Coruña estamos a facer desde o primeiro día pero do que outros gobernos parece que só se lembran cando a súa continuidade política está en xogo ante a inminencia dunha chamada ás urnas”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s