Galería

Xulio Ferreiro: “Os poderes públicos temos que facer un esforzo ante unha presunta recuperación que non é real e non chega ás familias”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, insistiu este mércores, nunha entrevista televisiva en L as Mañanas de Cuatro , que os poderes públicos deben facer un esforzo adicional para garantir que as necesidades básicas da poboación estean cubertas “nunha situación onde existe unha presunta recuperación económica que non é real e que non chega ás familias”. “Non é algo utópico nin demagóxico, é algo que se pode facer”, indicou o rexedor, que foi preguntado polo proxecto da Renda Social Municipal que pretende poñer en marcha o Concello e que foi un dos principais compromisos electorais do equipo de Goberno.

“Lanzamos unha proposta de ordenanza para poder dar ingresos a aquelas persoas que cobran por baixo dos 532 euros ao mes (cifra a nivel estatal do IPREM que marca os límites á hora de conceder prestacións)”, explicou Ferreiro, quen recordou que os informes económicos solicitados polo Goberno local cuantificaron o custe da Renda Social Municipal en tres
millóns de euros. “Esta cantidade, nun orzamento como o da cidade da Coruña, é asumible e ten que servir para dar prioridade ao que a xente demanda nestes momentos, que é ter as súas necesidades básicas cubertas”, engadiu.

Preguntado acerca de se sería factible que o Goberno central puxese en marcha unha iniciativa semellante a nivel estatal, Ferreiro manifestou que todo é “cuestión de prioridades”. “Cuantifiquemos canto custou o rescate bancario e se podía facerse ou non…No caso de entidades como a antiga Novagalicia, ahora Abanca, chegáronse a inxectar máis de 9.000
millóns de euros, sen nada a cambio. Se puidemos permitirnos iso, que se vendeu como algo crucial para salvar a economía, cremos que isto tamén se podería facer”, opiniou.

“Isto, que é básico para salvar a moitas persoas, é o que merece dun esforzo. Ademais, no que son os orzamentos xerais do Estado, non me parece que sexa unha cantidade tan importante”, insistiu. “A cuestión é priorizar a que destinamos os cartos, se para atender as necesidades da xente, ou para outras cousas que non son tan prioritarias neste momento”, dixo.

Ferreiro fixo fincapé en que a Renda Social Municipal foi un compromiso electoral “que agora está enriba da mesa”. “Hai partidos que podemos ter máis credibilidade que outros porque amosamos que non mentimos. Agora, co proxecto xa preparado, é necesario un acordo co resto de grupos políticos, e agardo que estean á altura porque, se efectivamente o PSOE está propoñendo isto a nivel estatal, entendemos que todos estamos de acordo en sacalo adiante”, apuntou.

Por outro lado, e preguntado pola anuncio de despedida do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro no Congreso, na que fixo alusión aos concellos, o rexedor coruñés salientou que “o que tiña que ter feito era relaxar os requisitos legais, as trabas e a falta de autonomía que puxo aos municipios, imposibilitando aumentar o cadro de persoal e polo tanto, poder prestar
servizos básicos á cidadanía de forma adecuada, como os de asistencia social”. “O que realmente nos importa e que durante estes anos, o señor Montoro impulsou unha lexislación que deixou aos concellos practicamente atados de mans para poder poñer en práctica calquera tipo de política transformadora”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s