Galería

Xulio Ferreiro: “Seguiremos traballando para facer máis áxil o desprazamento entre a comarca e a cidade e para retirar vehículos do centro, como fixemos desde o primeiro día”

20151021  ALCALDE- APARCAMENTO DISUASORIO 1 (1)

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, avanzou na mañá deste mércores algunhas das liñas nas que traballa o Concello para mellorar a mobilidade da cidade, durante a visita ao aparcadoiro disuasorio de Lonzas, un espazo con 176 prazas de estacionamento (cinco delas para persoas con mobilidade reducida) que entrará en servizo mañá de forma gratuíta para os e as usuarias baixo a xestión municipal. Tal e como sinalou o rexedor, ese traballo pasa por dar alternativas ao vehículo privado: “Darlle un impulso á intermodalidade, conectar a rede metropolitana co transporte urbano…” enumerou o rexedor, quen confía nos avances da estación Intermodal para lograr que o intercambio co transporte metropolitano “sexa máis efectivo”.

 

A intermodalidade

A intermodalidade é, de acordo coas palabras do alcalde, unha das apostas do Goberno local, e neste sentido, Ferreiro avanzou tamén as conversas con Tranvías para a creación de varios intercambiadores dentro do casco urbano da Coruña, que permitirán axilizar o desprazamento entre a comarca e a cidade. “É no que vimos traballando desde o primeiro día”, indicou, para sinalar que o Concello “seguirá traballando en retirar vehículos da cidade para que esta sexa máis amable”.
“Para iso hai que dar alternativas e intentar que os coches non teñan que baixar sempre ata o centro”, resumiu Ferreiro.

O alcalde anunciou tamén o traballo que se está a realizar coa Compañía de Tranvías para reordenar as liñas e as paradas do bus para dar servizo ao novo espazo de estacionamento de Lonzas. “É o que facilitará a interconexión, e que á xente lle resulte cómodo deixar o automóbil aquí”, valorou Ferreiro, antes de lembrar que o uso do aparcadoiro disuasorio “aforra cartos” ás persoas usuarias que deixen o coche e collan o bus para ir ao centro, “xa que non terán que pagar parking nin ORA”. “Hai que ir creando hábito e para iso hai que facerllo máis cómodo á xente, potenciando liñas de bus, intentando abaratar os custos do transporte urbano…”, indicou.

A este respecto, o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, explicou que “en breve” se colocará unha marquesiña xunto ao novo aparcadoiro, que dará servizo ás liñas 5, 21, 23 e 23A do bus urbano.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s