Galería

O alcalde salienta que os últimos informes sobre criminalidade sitúan A Coruña como “unha das cidades máis seguras de Europa”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, salientou este xoves, ao remate da reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade, que os informes sobre criminalidade reflicten unha evolución positiva, cunha “baixada xeneralizada” dos delitos na cidade, e en especial dos máis graves, e manteñen A Coruña “como unha das cidades máis seguras de Europa”. “A análise é compartida pola Subdelegación e pola Policía Local”, valorou o rexedor tras o encontro, no que tamén participou o Subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.

Segundo os datos que se facilitaron, procedentes do Ministerio do Interior e relativos aos primeiros nove meses de ano, o descenso afecta aos ilícitos de maior gravidade, cunha baixada dun 85% dos casos de homicidio –cunha única tentativa rexistrada e ningún caso consumado nese período– e descensos do 24,39% nos delitos contra a liberdade sexual, do 16% en relación cos malos tratos, do 10,69% nos casos de roubo con violencia ou intimidación, ou do 66,67% nos roubos en vivendas, ao pasarse dos 303 que se computaran no mesmo período de 2014 aos 101 deste ano. P ola contra, os informes falan dun incremento dos delitos de lesións nun 2,35%, e de aumentos do 5,53% nos furtos ou do 18,56% en casos de estafa con tarxetas de crédito.

A reunión desta mañá serviu tamén para abordar outras cuestións, como a posibilidade, trasladada pola Subdelegación do Goberno ao alcalde, de que o Concello asuma certas competencias sancionadoras en virtude da nova Lei Orgánica de Seguridade Cidadá, tamén coñecida como ‘Lei Mordaza’, que entrou en vigor o pasado 1 de xullo e contra a que este Goberno local xa se ten posicionado. “A primeira valoración é que este Concello non ten intención de asumir competencias sancionadoras, aínda que é algo que se valorará. En principio, as competencias sancionadoras que temos son suficientes”, comentou Ferreiro, quen deixou a cuestión “aberta”.

Entre os asuntos que se levaron á reunión, tal e como informou o alcalde, cóntanse tamén os informes das reunións periódicas de coordinación que manteñen o Corpo Nacional de Policía e a Policía Local para a colaboración desta última en materia de seguridade cidadá, sobre a que o 091 ten a competencia. Igualmente, no encontro falouse da delimitación das competencias en materia de tráfico entre a Policía Municipal e a Garda Civil, en especial nos novos viais, como o ramal da
AC14.

Segundo se acordou, a Garda Civil farase cargo da vixilancia na Terceira Ronda ata a saída do quilómetro 1, e controlará os accesos de entrada e saída do polígono de Pocomaco e Novo Mesoiro, mentres que o 092 terá a competencia dentro de poboado. Así mesmo, a Policía Local pasará a asumir a vixilancia da circulación na contorna do centro comercial Marineda City e a rotonda de acceso (AC552) ata a altura de Alcoa.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s