Galería

O Concello investirá 800.000 euros nas Bolsas USA dos próximos dous cursos

A Xunta de Goberno Local aprobará mañá a apertura do expediente para a contratación da xestión do Programa Educativo Bolsas USA para os cursos 2016/2017 e 2017/2018, para organizar e xestionar a estancia e escolarización de 50 alumnas e
alumnos do municipio da Coruña, que realizarán o equivalente a 1º de Bacharelato durante un curso académico en USA. O Concello investirá neste programa 400.000 euros por cada curso escolar.

O obxecto do programa inclúe a educación ás persoas participantes no respecto á diversidade cultural, racial ou sexual e na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Nese mesmo espírito, a execución do contrato deberá realizarse con respecto ao emprego de calidade, fomentando a estabilidade no emprego dos e das traballadoras adscritos á execución do contrato, e garantir a igualdade de xénero e a non discriminación. Así mesmo, o Concello dará un xiro aos criterios para promover un acceso máis xusto ao programa educativo das persoas aspirantes.

As Bolsas USA, que se inscriben no programa Coruña no Mundo, forman parte da oferta educativa
da Concellería de Xustiza Social e Coidados, que ten a competencia en materia de Educación, que
se completa cunha ducia de programas para este curso académico, que xa están en funcionamento e
que alcanzan a todos os niveis formativos.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s