Galería

O Goberno aprobará mañá a legalización do Conde de Fenosa, con demolición parcial “para evitar o derrubo do edificio enteiro”

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña aprobará este venres o proxecto de demolición parcial do Edificio Conde de Fenosa, redactado polo arquitecto Carlos Trabazo Molíns, e así acordará a legalización do inmoble que resulte da execución
das obras recollidas nese proxecto, que xunto ao acordo municipal serán remitidos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ante o que o Concello interporá un incidente de inexecución da sentenza do 2011 que ordenaba a demolición do edificio e a súa reposición ao seu estado primitivo (anterior a 1997). Será nese incidente onde o TSXG terá que resolver sobre a imposibilidade legal (debida a este acordo da Xunta de Goberno Local) e, en definitiva, sobre a legalización do edificio.

O Goberno local considera que o proxecto que aprobará este venres así como os informes emitidosproban o axuste do actual edificio ao PXOM aprobado no 2013, se ben antes resulta precisa a demolición parcial daquelas partes e elementos o edificio que non cumpren coas determinacións do Plan Xeral. Isto obriga a obras de demolición e adaptación ( ver gráfico adxunto)
en elementos como os voos da aliñación exterior, demolendóos parcialmente nuns casos, e noutros transformándoos en galerías. En canto a cornisas e aleiros eliminaranse todos os elementos que superen os 100 centímetros de voo sobre a aliñación de fachada. Tamén será derrubada a totalidade dos torreóns existentes. Por última, para cumprir co Código Técnico de Edificación e Normativa de Habitabilidade deberanse executar obras menores no interior dalgunhas vivendas e dos espazos comúns, neste último caso para, por exemplo, cumprir coa normativa de protección contra incendios.

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, asegura que o actual Executivo municipal “opta pola opción menos mala para un vello e grave problema que non só non creou este Goberno, senón que simboliza épocas nas que a cidade era xestionada dun xeito máis que discutible. Agora, este Goberno municipal cumpre coa súa obriga legal de compatibilizar a execución da sentenza coa defensa do interese xeral da cidadanía coruñesa e da veciñanza afectada, de xeito que coas
demolicións parciais se poida legalizar o edificio, tratando de evitar a sua demolición total. A legalización completa e global do actual edificio era urbanisticamente imposible, tal e como consta nos informes técnicos ou en anteriores sentenzas. Agora, con esta medida, o TSXG ou o Supremo terán a última palabra, xa que será o Alto Tribunal galego quen primeiro resolva sobre se o acordo municipal imposibilita a execución da sentenza anulada no 2001, polo que debemos ser prudentes”.

Así mesmo, Varela apunta que a actuación municipal farase “en execución subsidiaria, dado que nin Fadesa nin a Comunidade de Propietarios presentaron en ningún momento proxecto de legalización, polo que tivo que ser o Concello o que redactara o proxecto técnico que este venres se aprobará”.

Aínda que o prazo máximo de duración das obras cuxo custo roldará o 1,5 millón de eurosserá de 24 meses, tratarase de executalas á maior brevidade posible e realizarase por fases, de xeito que afecten o mínimo ás persoas residentes e locais comerciais do inmoble.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s