Galería

Xulio Ferreiro visitou a lonxa da Coruña “pola importancia que ten este espazo e a pesca na cidade”, e para coñecer “ a opinión dos e das empregadas sobre o terreo”

22-10-15 ALCALDE LONXA

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou esta mañá a lonxa a Coruña, co obxectivo de coñecer “de primeira man e sobre o terreo” as opinións dos traballadores e traballadoras deste importante espazo na cidade. “Fun a visitar a lonxa, a pesar de que as competencias municipais son escasas en materia de pesca, porque a ninguén se lle pode escapar a importancia que ten a lonxa e a pesca no municipio”, indicou o rexedor. “O meu deber como alcalde é coñecer de primeira man a opinión dos empregados e empregadas, e dos e das representantes da lonxa e do sector pesqueiro. Parecéume máis acertado ir aí un día normal que non ter unha recepción en María Pita. Falar sobre o terreo sempre é mellor, e o inconvinte do madrugón queda solventado pola inmediatez da impresión”, explicou.

Por outro lado, Ferreiro fixo unha valoración dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do tercero trimestre na Coruña que revelan unha lixeira subida do nivel de desemprego do 0,2% con respecto ao segundo trimestre do ano. “Evidentemente non é unha boa noticia. Aínda que a taxa de paro practicamente se mantén, non podemos estar contentos con estas cifras. Unha das explicacións que atopamos é o remate dos contratos de verán, no mes de setembro, que non son compensados por outros novos que axudan a subir a taxa. A Coruña é unha cidade que está especialmente afectada por unha alta estacionalización do traballo, e a ese factor achacamos os resultados da EPA”, valorou o alcalde. Non obstante, o primeiro edil quixo destacar que “tamén existen datos positivos” como “o aumento da taxa de ocupación rexistrado na cidade durante o terceiro trimestre, que foi de 0,6 puntos, ao igual que a taxa de actividade, que medrou en 0,8 puntos”. Ademais, a taxa de ocupación da poboación da Coruña tamén se incrementou con respecto ao mesmo trimestre do ano pasado en 0,2 puntos, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s