Galería

Xulio Ferreiro: “Non entendería que a Xunta utilice os Orzamentos de todos os galegos e galegas de forma partidista”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, fixo valoración, na mañá deste venres, dos Orzamentos da Xunta para a cidade de cara a 2016, uns presupostos nos que, segundo lamentou o mandatario local, “A Coruña non está sendo tratada co cariño que merece”. “Aínda pensando que non é de moi bo gusto sacar a bandeira do localismo, vemos como a Xunta focaliza os investimentos en Ourense, a única gran cidade galega con alcalde popular. Hai cidades que berran moito e isto fai que se atendan as súas urxencias e os que tratamos de ser leais, de negociar, vemos que os Orzamentos non o reflicten. Eu non entendería que a Xunta utilice os Orzamentos de todos os galegos e galegas de forma partidista”, reflexionou Ferreiro durante a súa intervención nun programa de radio local, antes de adiantar que, tal e como fixo cos Orzamentos Xerais do Estado, o grupo municipal que sustenta o Goberno local volverá levar ao Pleno as necesidades da Coruña. “Hai que falalo co resto de grupos municipais porque son cuestións de cidade e non deben empregarse de xeito partidista, agora que moitos están preocupados ante as próximas eleccións. Nós polo que estamos preocupados e porque A Coruña sexa máis vivible, e iso
require traballo, pero tamén apoio doutras institucións”, salientou o rexedor.

Neste sentido, Ferreiro cualificou como “claramente insuficiente” o investimento que a Xunta prevé para o futuro colexio de Novo Mesoiro ou a estación Intermodal e lamentou a falta de fondos para proxectos como a renovación de Santa Lucía ou para a rede de saneamento da Coruña e a súa comarca. “Nós pagamos o canon de saneamento da Xunta no recibo da auga e despois a rede de saneamento da Coruña e a comarca non ten un só euro de investimento, cando fai falta para que esta
funcione”, incidiu o alcalde, que vinculou a problemas da rede de saneamento o feito de que a depuradora de Bens non teña un funcionamento “óptimo”. “Augas de Galicia é unha institución que debería apoiar A Coruña e non vemos ningún investimento por ese lado”, considerou. Na mesma liña, cualificou de “intolerable” o trato que recibe o plan Director do Chuac nos Orzamentos.

Preguntado sobre a cesión á Xunta da parcela para o futuro colexio de Novo Mesoiro, o alcalde informou de que o Concello xa propuxo dúas posibles parcelas, elixidas en consonancia coa opinión da asociación veciñal do barrio. “A decisión está e os terreos están, aínda que ningunha opción sexa plenamente satisfactoria. A que máis lles gusta á veciñanza e a nós é unha parcela onde hoxe se pode empezar a facer o colexio e mañá ampliarse ao instituto, e parece que a Xunta tamén o ve así”, informou o rexedor, que chamou á Administración autonómica a “non chegar unha e outra vez tarde”. Neste sentido, adiantou que o Goberno local tratará de pechar a cesión da parcela a vindeira semana para que poida avanzarse na licitación e que as obras “non empecen dentro de dous anos”.

Para Ferreiro, “o ideal é que comecen en 2016 e rematen no 2017”. O alcalde da Coruña falou tamén, durante a intervención, do novo aparcadoiro disuasorio de Lonzas, que entrou en servizo esta semana. “A Xunta está apurando as entregas e as inauguracións e non queda tempo para reaccionar. Unha vez que arranxe os problemas como os de sinalización, esperemos que o aparcadoiro comece a funcionar”, indicou Ferreiro, que adiantou que a próxima semana haberá unha parada de bus diante do parking.

“Estamos traballando para que a recepción sexa real e vaia máis alá da foto”, engadiu Ferreiro, sinalando que o Concello tamén traballa na reordenación de liñas de bus para que estas dean mellor servizo á nova infraestrutura: “Estaba no convenio e estamos en trámites para que sexa efectivo desde a semana que vén; se queremos que a xente colla o hábito e deixe o coche alí e use o bus para ir ao centro hai que ir facéndoo máis
atractivo”.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s