Galería

O Concello traballa para incorporar melloras na tarxeta Millennium

O Concello, a través da Concellería de Mobilidade Sostible, está a impulsar estudos para mellorar o soporte da tarxeta Millennium e facelo máis fiable e eliminar a dependencia do servizo respecto á empresa provedora, cun sistema operativo, unha experiencia de uso diferentes, pero co mesmo nivel de seguridade e inviolabilidade. Desde a súa implantación, a Millennium estivo vinculada a unha única empresa, ao estar dotada dun circuíto de fabricación e un sortware específicos, así como unha aplicación deseñada de maneira individualizada para o cartón que alberga o chip. Os problemas de subministración da empresa provedora motivaron esta semana que o Concello tivese que suspender o servizo de expedición das tarxetas, polo que ata a próxima semana non será posible tramitar a tarxeta Millennium nos puntos habituais da Estación de Autobuses, o Fórum Metropolitano e María Pita. Non obstante, os e as usuarias teñen a posibilidades de usar a Tarxeta Metropolitana de Galicia, que ofrece ao usuario xeral os mesmos servizos de transporte.

Máis alá de solucionar os problemas de subministración puntual, que derivan do proceso de liquidación no que entrou a principios de ano a empresa que producía o cartón e a súa posterior adquisición, este mesmo verán, por unha nova empresa que asumiu a produción, o Goberno local centra os seus esforzos nos estudos que se están a desenvolver para a implantación dunha nova tecnoloxía que substitúa á actual.

Anuncios
de boletincoruna Publicado en Noticias

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s