Galería

Hockey Patines: un dos mellores equipos do mundo visita Cerceda

PJ23_IMG_3277

Se non a mellor, si que está entre as que atesouran máis calidade entre todos os equipos do hóckey a patíns mundial. Así poderiamos definir o equipo do FC. Barcelona, que mañá martes 25 de marzo visita o Pazo de Deportes Presidente González Laxe por segunda vez en OK Liga. A anterior foi o 24 de outubro de 2009 na quinta xornada da tempada 2009-2010, a primeira do HG C. P. Cerceda na elite do hóckey a patíns nacional. Naquela ocasión o resultado foi favorable aos culés por un tenteo de 3-8, se ben agora as circunstancias se antollan diferentes.

Desa visita histórica ao González Laxe só quedan por parte do Hóckey Global Club Patín Cerceda o seu capitán, José Ramón López, e Martín Barrós «Neto». No caso do FC. Barcelona, mantéñense daquel equipo Aitor Egurrola -non viaxará a Cerceda- Octavi TarrésSergi Panadero e un mozoXavi Barroso, que acudía para suplir, as baixa de David PáezJosé Ramón recorda que «foi un partido histórico porque non pensabamos que o FC. Barcelona puidese visitar algún día a nosa pista. O encontro televisouse en directo pola segunda canle daTVG e o ambiente era magnífico, coas bancadas practicamente cheas. Ver aquí a Albert Borregán ou Sergi Panadero resultou absolutamente excepcional, aínda que tamén quedo cos tres goles que marcou Toni Pérez na recta final do partido, cando os xogadores adestrados entón por Fernando Pujalte baixaran un pouco o ritmo e o porteiro titular, Egurrola, fora substituído porOctavi Tarrés«.

 

Duelo desigual

Conscientes de que o de mañá será un duelo totalmente desequilibrado, pois para que se dea un resultado positivo os de Juan Copa terían que xogar un partido que raiase a perfección, mentres que os de Ricard Muñoz deberían de baixar moito o seu nivel habitual. Non obstante, o HG C. P. Cerceda é un conxunto moi sólido no González Laxe, onde esta tempada só se perdeu un partido de OK Liga, aínda que tamén a favor do FC. Barcelona indicar que chega como líder indiscutible, despois de ceder unicamente un empate co C. ENoia Freixanet e unha derrota no seu feudo do Palau ante o Monbus Igualada HC., sendo este precisamente o único que conseguiu na presente campaña gañar na cancha de Cerceda.

Ademais os locais afrontan a cita cun dobre hándicap, pois por unha parte chegan coa moral moi reforzada tras a súa vitoria de onte en Reus, pero pola outra está o pouco descanso que tiveron sumado ao desprazamento dende Cataluña.

O partido da 23ª xornada da OK Liga celebrarase o martes 25 de marzo ás 21:00 horas no Pazo de Deportes Presidente González Laxe e será arbitrado polos colexiados FJorge García Romero e Miguel Díaz Cosme. As entradas poderanse adquirir na mesma entrada ao recinto dende 45 minutos antes do seu inicio a un prezo de 4 €.

Clasificación General

Pos Equipo PJ PG PE PP GF GC TP
1 F.C. BARCELONA 22 20 1 1 156 49 61
2 H.C. Coinasa LICEO 22 16 2 4 118 54 50
3 C.P. VIC 22 13 3 6 85 58 42
4 REUS DEPORTIU 22 12 5 5 109 74 41
5 Moritz C.E. VENDRELL 22 12 3 7 96 75 39
6 C.E. NOIA Freixenet 22 11 5 6 90 71 38
7 C.P. CERCEDA 22 9 6 7 86 79 33
8 Monbus IGUALADA 22 10 3 9 66 73 33
9 C.P. VOLTREGA 22 8 8 6 75 63 32
10 C.P. CALAFELL Tot L Any 22 9 5 8 81 78 32
11 ICG Software LLEIDA 22 7 4 11 66 83 25
12 C.P. VILAFRANCA Capital del Vi 22 5 5 12 75 96 20
13 C.P. TORDERA 22 6 2 14 61 102 20
14 C.H. LLORET 22 5 4 13 61 92 19
15 Muralla Optica BLANES 22 4 2 16 50 99 14
16 C.P. VILANOVA 22 0 0 22 53 182 0 

 

de boletincoruna Publicado en Deportes

Deja un comentario