Galería

Presentada la venta de los abonos para la Copa del Rey de baloncesto

20151028 JOSÉ MANUEL SANDE- COPA DO REI ACB 1

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a campaña da venda de abonos para a Copa do Rei de baloncesto, que terá lugar dos días 18 ao 21 de febreiro de 2016 na Coruña. Sande destacou a

“efervescencia” que vive nestes intres o baloncesto e o compromiso do Concello co deporte, así como a satisfacción do Goberno local pola celebración “dun dos grandes eventos deportivos que podemos atoparnos hoxe no panorama español”. “A Copa representa un remanente económico e turístico para a cidade”, explicou o concelleiro, “e tamén a posibilidade de ter un acontecemento de magnitude non só local ou estatal, senón tamén internacional”. O responsable de Deportes sinalou
que a venda anticipada de entradas comezará o 4 de novembro, dando “o p istoletazo de saída”, segundo expresou, á venda que contará con distintas fases até a celebración da fase final do torneo.

O director da Copa do Rei, Gerard Freixa, explicou que “o impacto económico” que se espera na cidade pola celebración do evento deportivo entre turismo e publicidade será “de máis de 20 millóns de euros” e que “dous meses despois” da finalización do evento, presentaranse “os números do impacto na Coruña”. Nesta ocasión a venda de abonos anticipada comezará “con antelación suficiente para poder planificar a viaxe” segundo Freixa, xa que nos últimos anos “vén máis xente de fóra que local ao evento”. O director salientou que na última edición “máis de 6000 persoas desprazáronse ás illas Canarias para ver unha competición de catro días”.

O día 4 de novembro, iniciarase a venda preferente para todas aquelas persoas que sexan socias e abonadas de clubs da ACB. Dous días máis tarde, o 6 de novembro as 00.00, comezará a venta ao público xeral das entradas, agás dos abonos que quedarán reservados para os clubs que participen na Copa. “Cada equipo terá reservadas 250 entradas cando coñeza a súa clasificación”, explicou Freixa, “agás un que xa está clasificado, o Obradoiro, que ten dereito á participación pola designación da sede na Coruña”. Os demáis clasificaranse “a medida que pasen as xornadas até a última, que será o 23 e 24 de xaneiro. O día 25 faremos o sorteo de emparellamento e os equipos disporán das entradas bloqueadas”, expuxo Freixa, quen asegurou que “se os equipos non quedan coas entradas, sairán á venda”.

En total poderán adquirise aproximadamente 7.200 abonos a través das webs www.copadelreyacb.com, w ww.acb.com, webs oficiais da Asociación de Clubs de Baloncesto, nas propias páxinas oficiais dos clubs a través de b anners e, de forma física, no pavillón Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cada día que o Obradoiro, equipo anfitrión da Copa, xogue como local. Os abonos de venta anticipada, até o 31 de decembro, terán un coste entre 110 euros e 405 euros segundo a situación no Coliseum e, desde o 1 de xaneiro, o seu prezo final será desde os 120 euros até os 450 euros. Como novidade nesta ocasión porase en marcha a aplicación “Ven a la Copa con tus amigos”, que permitirá agrupar as persoas que, aínda que non mercasen as entradas xuntas, poderán sentarse ao carón das súas amizades no recinto municipal.

de boletincoruna Publicado en Deportes

Deja un comentario